@cristinacollazogomez Nacida entre as historias das avoas, hoxe conta as súas propias na pantalla e no escenario. De Compostela a Madrid, e do Brasil de volta á Bandeira. Para Cristina Collazo, a interpretación non é só ficción: é o compromiso de dar voz á muller rural e á nosa lingua.
Podemos vela como Ángela en Rapa ou como Valentina en Dalia, a modista, pero onde máis se atopa é impulsando o teatro desde a base con A Cova das Letras.
Recentemente premiada nos Premios María Casares.
Un luxo contar coa súa participación no NocedaRock Miúdo co seu espectáculo Costureiriña Bonita, nesta celebración dos 10 Anos de NocedaRock. 🎭🌾
@sororas.gal un espazo de creación e aprendizaxe en igualdade na que a perspectiva de xénero e a tradición danse a man.
Un proxecto enriquecedor de Nerea, Paula e Carlota que chega para facernos gozar a todas na Carballeira de Lamas.
As máis cativas (e as que xa non o son tanto!) poderán xogar, crear e aprender en igualdade con obradoiros e xogos tradicionais.
Ti participas? Nós non o perdemos por nada! 😊
Un pracer contar un aniño máis con Sororas no NocedaRock Miúdo e ademáis celebrando os 10 Anos 😊..
💜💜💜
