Noceda Cultura no Rural

É un proxecto ambicioso que busca achegar diferentes expresións da cultura galega á poboación que vive no rural. Está dirixido a todos os públicos e aposta por presentar a cultura en formatos diversos. 

Ademais, pretende dinamizar a contorna a través dunha programación anual que se desenvolve en distintas datas ao longo do ano. As actividades realízanse en espazos públicos como o Centro Social e, ao mesmo tempo, priorízanse lugares do medio natural, como a contorna da Carballeira de Lamas. 

Dentro deste proxecto organízanse diversas iniciativas culturais e sociais. Entre elas destacan ciclos de cinema, andainas e roteiros, encontros literarios e exposicións de arte, funcións de teatro, actuacións musicais e xornadas de recollida de lixo. Con todo, unha das actividades máis relevantes e de maior repercusión é o festival de música NocedaRock.