Info X Edición

Mapa NocedaRock

ESPAZO NOCEDAROCK / X EDICIÓN ‼️

A Carballeira de Lamas en Noceda (Lalín) será espazo de encontro cultural para gozar das distintas músicas e actividades para celebrar estes 10 ANOS do NocedaRock nunha contorna rural, a cal desexamos ver máis viva ca nunca.

O coidado do medio natural e conservación das nosas carballeiras, fragas, ríos… en definitiva do noso medio natural… tamén forman parte do compromiso do festival e da Asociación Cultural Bolarqueira, por iso entre todxs coidaremos este recinto da mellor forma posible ♻️♻️

Na fin de semana próxima todxs o NocedaRock!!

Normas do Festival

NOCEDAROCK CO COIDADO DO MEDIO AMBIENTE!! ♻️🌳

O coidado das nosas carballeiras, montes, fragas e ríos… en definitiva, do noso medio natural… depende de todxs nós.

♻️ VASOS REUTILIZABLES: Queremos informar que nesta X Edición volveremos utilizar Vasos Reutilizables Ecolóxicos (1€/Unidade).

Tamén dispoñeremos de cabicheiros que estarán pola Carballeira de Lamas.

Colabora, celebra connosco 10 anos de NocedaRock e non deixes lixo tirado no recinto do festival, nin na contorna da Carballeira de Lamas.

Zona de Acampada

ZONA ACAMPADA NOCEDAROCK !! ⛺⛺

Xa temos ganiñas de celebrar a X EDICIÓN na Carballeira de Lamas 🤗🤗

A acampada do NocedaRock encóntrase na mesma Carballeira de Lamas. Todas as persoas que queiran acampar poden facelo a partir das 12.00h do sábado día 13 de Xuño ata completar o espazo habilitado.

Xa sabedes, non hai escusas, queda para domingo!!

ISO SI, NON DEIXES LIXO TIRADO NA CONTORNA !! ♻️🙌

Bus NocedaRock

BUS NOCEDAROCK 2026 🚍

Amigxs! Para celebrar esta X Edición ao grande e que poidades gozar sen preocupacións, o sábado 13 de xuño contaremos con servizo de bus como en edicións anteriores.

O traxecto será dende Lalín ata a Carballeira de Lamas, coa viaxe de volta asegurada ao remate do festival ☺️.

Lembra que se prefires quedar ata o final sen pensar na viaxe, podes utilizar de forma totalmente gratuíta a nosa Zona de Acampada ⛺️⛺️⛺️

Vémonos na Carballeira nos 10 Anos de NocedaRock!!! 🌳🌳