III/II/I Edición – 2000/1999/1998

A orixe do NocedaRock

Todo comezou unha noite de novembro de 1998. Entre castañas e viño, dous mozos de Noceda,(Luis Couto e Manolo Cadahía), prenderon a mecha do que sería o primeiro festival de rock nunha aldea de Lalín. Aquela aventura, que se prolongou ata o ano 2000, logrou converterse nun referente para a comarca, subindo ao escenario do NocedaRock a bandas como Koma, Lujuria, Transfer, Trasnos, Clandestine, Pulmariño, The Kambotes e Kraken.