Asociación

«Somos un colectivo de mozas e mozos de Noceda que nace coa firme vontade de devolverlle ao rural  e a aldea o protagonismo que merece. A Asociación Cultural Bolarqueira xorde da necesidade de construír país dende a base, achegando a cultura en todas as súas dimensións á nosa aldea para garantir a súa supervivencia e dignificación.
Traballamos con conciencia e orgullo para:
  • Dinamizar o rural: Fronte ao abandono, activismo.
  • Cultura: Preservar, difundir e potenciar a cultura galega como ferramenta de cohesión e futuro.
  • Música e Lingua: Promocionar a nosa fala e a nosa música.
  • Defensa do Territorio: Promover o coidado directo e a mellora do noso medio natural e rural.
  • Feminismo e Igualdade: Promovemos a igualdade real de oportunidades entre mulleres e homes, visibilizando o papel histórico e actual das mulleres no noso rural e combatendo calquera forma de discriminación ou violencia. 
  • Participación : Fomentar a participación activa da veciñanza.