Actividades

Cartel Horarios

PROGRAMACIÓN E HORARIOS 🗓️

O Noceda Rock é máis que un festival: celebramos unha década co compromiso de defender a nosa cultura, a nosa música, a nosa lingua e a nosa identidade colectiva. Aquí tes a programación para a fin de semana do 13 e 14 de xuño na Carballeira de Lamas. 🤗🌳🌳

🛑 SÁBADO 13 DE XUÑO
16:00 h.
🪵 BILLARDA Queres coñecer este xogo? Participa!
17:00 h.
🗣️ FALADOIRO NOCEDA ROCK «10 ANOS»
  • A muller na música galega: Compoñentes de Roseira Brava.
  • A música galega actual: @albertobusto (músico, guitarrista e creador dixital). Bandas @osarrhythmia e @rebeliomdoinframundo.
  • Filmando festivais e música galega: @luisdearkadia da produtora Arkadia Universe.
  • Emprendemento, innovación e creatividade na música galega: @onetodenieves (Nicolás Hermida López «Aprendiz», nado en Lalín, sobre o seu proxecto «Campo»).
18:15 h.
🎤 OBRADOIRO DE IMPROVISACIÓN ORAL Regueifando por Noceda coa Doallo, o das Azaleas e a Gonzaliña. Vén e anímate a regueifar connosco! (Podes estrearte, si!!!).
🛑 DOMINGO 14 DE XUÑO
12:30 h.
🥁 MASTER CLASS DE BATERÍA Todas as actividades son abertas a todos os públicos. Non o perdas!

Sen cultura non hai futuro! Orgullo do que somos !!

Xogo da Billarda

BILLARDA NOCEDAROCK ‼️ 🏏

Que mellor xeito de comezar de novo a X Edición que coñecendo máis sobre este xogo popular e tradicional galego: a billarda (ou estornela, como a coñecemos na nosa zona).

Xa sabedes, amigxs, quedades convidadxs a participar. Realizarase ao carón da Carballeira de Lamas o sábado 13 de xuño.

E despois… ¡a gozar do resto de actividades e concertos!

Actividades Parte 1 Actividades Parte 2

ACTIVIDADES E XOGOS 🧩🎨

A Carballeira de Lamas tamén é para os máis cativos e para desfrutar doutro tipo de actividades durante o día! Participa nos nosos xogos sonoros e pasatempos en familia.