APRENDIZ
Para celebrar estes 10 Anos de NocedaRock, ademais de acompañarnos no faladoiro do sábado 13 na Carballeira de Lamas presentando o seu novo traballo, agora tamén vén para poñer o broche final a esta edición especial. 🔥
@onetodenieves: hip hop, raíces e memoria.
Aprendiz é un artista que reivindica a aldea e o rural, con ritmos de vida en sintonía co espazo. Vén de publicar os tres sinxelos do seu álbum Campo, que sairá en breves.
Coa súa banda, mestura o hip hop orgánico co rock e coa música tradicional, unha proposta viva e enérxica.
Xa non queda nada… Vémonos en Noceda!! 🤘
Ruxeruxe
@ruxeruxe_oficial Tres décadas de rock galego sen concesións. 2026 marcará os 30 anos de traxectoria ininterrompida dunha das bandas máis sólidas da música galega.
Dende 1996, Ruxe-Ruxe acumulan gravacións, xiras e pasaxes por escenarios de referencia. Un periplo sonoro que só un puñado de formacións pode ofrecer. O quinteto está formado por:
- 🎸 Vituco Neira
- 🎸 David Barbas
- 🎤 Xulia Neira
- 🥁 Iago Jorge
- ⚡ Xaco Barona
Unha peza imprescindible da historia musical galega. É unha auténtica ledicia poder celebrar os 10 Anos de NocedaRock con eles na Carballeira!
REBELIOM DO INFRAMUNDO
@rebeliomdoinframundo chega a 2026 cunha forza incontestable. O grupo vive o seu mellor momento, co respaldo dun público que enche salas e corea cada verso coma se formase parte da banda. Non precisan grandes campañas nin filtros; a súa verdade corre de boca en boca.
Son un grupo de xente para a xente, cun discurso propio e unha ética de traballo que fala de verdade, comunidade e resistencia. Non seguen a moda, créana. Nacidos nas rúas e nos locais de ensaio de Galiza, levan máis dunha década facendo da música unha trincheira.
A alianza que vai máis alá do rap:
- 🎤 Nervo
- 🎤 Malvares
- ⚡ Frank Huxley
- ⚡ Busto
- 🎧 DJ Pol
Na Carballeira de Lamas nestos 10 Anos de NocedaRock 🔥 Rebeliom!!
chorima
@chorima_gz Nados no outono de 2023 no epicentro galaico central, tres rapaces dos anos 90, separados polo Monte do Carrio, recollen a flor do toxo, esa flor de amarelo intenso chamada Chorima.
A súa proposta musical componse de letras directas en galego, castelán ou inglés e sons experimentados de guitarra e baixo, acompañados por descargas acústicas de batería. Estes factores nacen coa intención de cubrir un baleiro nun espazo cheo de ilusión, amor e paixón pola escena musical.
Por certo, presentan o seu primeiro traballo!! 😊😊
- 🎤🎸 Iago: Voz e guitarra
- 🎸 Hamer: Baixo e coros
- 🥁 Cris: Batería
Non podían faltar no escenario do NocedaRock e na Carballeira de Lamas, para celebrar os 10 Anos do noso festival. 🔥🔥🔥
Z̈ENZAR
OS PADRIÑOS DO ROCK GALEGO veñen a celebrar os 10 anos de NOCEDAROCK. 🔥
@zenzar_rock_en_galego leva máis de 35 anos demostrando que o rock en galego segue vivo. Neste ano 2026, os de Cerceda presentan o EP Bla, bla, bla.
Os Zenzar, con temáticas de denuncia e compromiso social, ritmos contundentes e a urxencia das súas melodías, son fieis á súa filosofía á hora de facer música. A banda segue incombustible e con directos enérxicos con:
- 🎤 Bocixa
- 🎸 Manolo
- 🎸 Mario
- 🥁 Laura
- ⚡ Gonzalo Grela (Guitarra – última incorporación)
Mil grazas Zenzar, vémonos en Noceda!
tiro na testa
@tiro_na_testa banda de punk-rock das terras do Deza. Con denominación rexistrada de «punkis de aldea», foron e son o xerme de moitas bandas na nosa vila e arredores.
Cun estilo inconfundible e potentes directos, contan cunha longa traxectoria, sendo unha banda mítica na escena do punk galego.
«En principio eran dous; despois foron tres, pero soamente por dous días, para volver a ser dous. Pronto apareceu un terceiro que non apareceu e desapareceu… pero acabaron sendo de novo tres por un tempo relativamente longo, para quedar outra vez nos dous que eran ao principio. Volveron ser tres e, finalmente, catro. E así seguen, camiño dos trinta anos de historia.»
Nesta romaría de 10 Anos de NocedaRock, non podían faltar na Carballeira de Lamas. 😊😊 ¡Viva, os punkis de aldea! 🔥🔥
roseira brava
Roseira Brava nace en Lalín de casualidade —ou quizais non— en 2021, cando tres compañeiras decidiron buscar xente para aprender e gozar da música tradicional, pandeireta en man.
O proxecto prometía desde o inicio, xa que contaron coa sorte de ter a Marta Mouriño como «profe»: veciña, mestra de baile e percusión, e gran defensora do noso patrimonio. Pouco a pouco, fóronse sumando máis integrantes e hoxe son unha equipa que cada venres une risas, voces e ritmos no Casino.
Ensaian con ganas e ilusiónanse cada vez que teñen a oportunidade de compartir as súas cantigas co público.
Non podían faltar na Carballeira de Lamas para celebrar os 10 Anos de NocedaRock!! 😊😊💜💜
xirel dj
Entre Noceda e Prado están as súas raíces, e xa case é tradición que estea pola Carballeira de Lamas pinchando os mellores temazos. 🌳🔊
Xa sabe que xoga na casa. Se estiveches outros anos, sabes que toca saltar, suar e gozar ata que non poidamos máis. 🔥🔥
Si ou si, tiña que estar poñendo patas arriba a toda Carballeira nos 10 anos do NocedaRock. 🤗🤗
CADAHÍA DJ
O panadeiro de Noceda que prefire o punk rock antes que nada! 🥖🤘
Foi o organizador da primeira etapa do NocedaRock que comezou alá polo 1998. Pois 28 anos despois daquel comezo, está listo para celebrar os 10 anos do festival con eses temiñas bailables que tanto nos gustan. 🤗🤗
Vémonos na Carballeira de Lamas para gozar, saltar e brincar coa súa sesión. 🔥🔥
Manoliño, un auténtico pracer contar contigo nesta data tan especial! Que non pare a música, Kadahía!
