

NocedaRock/Noceda Cultura no Rural


O Noceda Cultura no Rural continúa neste 2026 cun proxecto para seguir achegando a Noceda actividades en diferentes formatos 🤗🤗🤗 .
A música, a literatura, a lingua, o teatro, o medio ambiente, o cinema, a arte, a natureza … serán protagonistas na vida da nosa aldea .
Este ano celebramos a X Edición do NocedaRock 🤘🏻🤘🏻🤘🏻

Queres colaborar co NocedaRock ??
Merca calquera das cousiñas que temos do noso merchan ,edición especial, para celebrar estos 10 Anos 🤗🤗
Podes facer o teu pedido por privado nas nosas redes, ou na Carballeira de Lamas 🌳🌳🌳 os días 13 e 14 de Xuño.
Mil grazas pola colaboración!! 🙌🙌🙌

Queremos que formes parte da Asociación Cultural Bolarqueira. Colabora como mellor che preste e recibe un agasallo 🤗.
Coa túa axuda seguimos impulsando o proxecto Noceda Cultura no Rural, levando música, arte, literatura e máis iniciativas á nosa aldea, incluído o festival NocedaRock na súa décima edición.
Se queres colaborar, podes contactar por correo, redes sociais ou WhatsApp.
👉 Contamos contigo!! 🙌

Amigxs, veciñxs , familia festivaleira !!
A finde do 13 e 14 Xuño é especial, celebramos a 10 Edición do NOCEDAROCK para gozar con todxs vós na marabillosa contorna da Carballeira de Lamas 🌳🌳
A ilusión e o desexo de ver a nosa aldea chea de vida, música, cultura, amizade, diversidade ,…
Isto non o podes perder !!! Gardade a data nas vosas axendas ..
NocedaRock é o teu festival !!! ☺️
Imos !! 🤘🤘🤘🔥🔥🔥

Estades todxs convidadxs a celebrar esta edición tan especial de música, natureza e aldea:
🔴 SÁBADO 13 DE XUÑO
Actividades: Billarda, Faladoiro dos 10 anos e Obradoiro de regueifas.
Concertos:
@dakidarria
@keltoi_galiza
@tiro_na_testa
@ruxeruxe_oficial
@chorima_gz
DJ: Xirel Dj e Cadahía Dj.
🔴 DOMINGO 14 DE XUÑO
Durante o día: Masterclass de batería, Sesión Vermú con Roseira Brava e Xantar Popular.
NocedaRock Miúdo: Xogos e espectáculos infantís con @sororas.gall e @cristinacollazogomezmez.
Peche: Concerto de @thee_crowd
Entrada de balde
Zona de acampada
NocedaRock é o teu festival !! 💥 (Deseño: @nereafiumos)

Queres sumarte a encher de vida a Carballeira de Lamas? Na X Edición do NocedaRock buscamos creadoras e creadores coma ti!
Se fas artesanía e queres instalar o teu posto .
📩 Envía a túa proposta, ata 9 de maio:
👉 xuventudebolarqueira@gmail.com
👉🏻 WhatsApp – 642391192
Vémonos na Carballeira de Lamas celebrando os 10 Anos do NocedaRock! 🤘

Para celebrar os 10 ANOS do NocedaRock temos Polo Oficial Retro de Zico.
É unha edición limitada !! Non te quedes sen el.
Grazas pola vosa colaboración. 🙌🏻🙌🏻🙌🏻
Esperamos que vos guste !!! 😊😊
📩 FAI A TÚA PRERESERVA XA:
✅ WhatsApp: 642 391 192
✅Mail: xuventudebolarqueira@gmail.com
Data limite da prereserva 20 Abril .

O xantar popular de confraternidade é o punto de encontro para compartir en comunidade e gozar da X EDICIÓN do NocedaRock na Carballeira de Lamas.🌳🌳
Xa sabedes amigxs, si queredes participar,podedes retirar o voso tickets;
➡️ Panadería Casa Vales – Noceda
➡️ Alola – Lalin
➡️ 📞 642391132
xuventudebolarqueira@gmail.com
Fai túa reserva antes do 11 de Xuño.
⬇️⬇️⬇️
🛑 Prezo ; 30€
🛑Prezo Infantil; 15€ ( de 6 ata 12 Anos inclusive)
🛑 De 0 a 5 anos – Gratis

Esta é a ilustración que a artista @carlotsalgleal fixo para esta edición especial dos 10 anos de NocedaRock. 🎨🎸
Ademais, este deseño será o protagonista do novo merchan deste aniversario. 👕🎒
Moitas grazas, Carlota, por poñerlle arte a este aniversario. ¡Marabilla! 💜💜
Dispoñible en:
📍 Parrillada Airiños (Noceda)
📍 Panadería CasaVales (Noceda)
🎪 No posto de merchan no festival
📩 Reserva por privado
Queremos agradecer de todo corazón a todas e cada unha das persoas pola vosa colaboración e apoio ,sempre. 🙌🙌🏻

Máis ca un festival: unha década defendendo a nosa cultura, música e lingua!
🔴 SÁBADO 13 DE XUÑO
16:00 h | 🪵 Billarda: Ven coñecer e participar neste xogo tradicional.
17:00 h | 🗣️ Faladoiro «10 Anos»: Charlas sobre a muller na música (Roseira Brava e Paula López), a música galega actual (@gabridakidarria), produción audiovisual (@luisdearkadia) e o proxecto «Campo» (@onetodenieves).
18:15 h | 🎤 Obradoiro de Regueifas: Improvisación oral con Doallo, o das Azaleas e a Gonzaliña. (Aberto a principiantes!).
🔴 DOMINGO 14 DE XUÑO
Todas as actividades son abertas a todos os públicos. Sen cultura non hai futuro! Orgullo do que somos !!

O NocedaRock chega a unha edición especial: os 10 anos. A ilusión, a forza compartida, o esforzo e as ganas de seguir sumando xuntxs para celebrar algo tan especial. Nace do sentimento de querer que Noceda sexa un lugar de encontro cultural e amizade , apostando sempre polo noso !!
Queremos gozar con todxs vós! Estades convidadxs os días 13 e 14 de Xuño á CarballeiradeLamas !!! 🌳🤘
Orgullo do que somos, vós sodes o NocedaRock, para sempre !!
💥💥💥💥💥
Na Asc. Cultural Bolarqueira a familia é máis grande. Hai moitas amigxs que están ao noso lado para que isto sexa unha realidade!
💪 Compartide e vinde celebrar con nós!